"La guerra de Troya", un espectáculo histórico de títeres e animación para os máis novos
Por Redacción
Achegar aos máis pequenos a historia da guerra de Troya. ÿ o obxectivo da representación teatro de La Guerra de Troya, unha obra de carácter histórico e social, que conta ademáis cunha unidade didáctica para os centros escolares que acudirán ás tres representacións concertadas en Pontevedra. Será no Pazo da Cultura, o xoves 17 de xaneiro ás 10:00 horas e o venres 18 de xaneiro ás 10:00 e ás 12:00 horas.
Grazas ao convenio asinado entre a Fundación La Caixa e o Pazo da Cultura, os rapaces de Pontevedra poderán asistir de xeito gratuíto á ver esta obra. O público xeral poderá asistir, tamén de balde, ao Pazo da Cultura o xoves 17 ás 18:30 horas ao pase en aberto do espectáculo de títeres e animación, que ten unha hora de duración e está recomendado especialmente para nenos a partir de 8 anos.
Sinopse: Hai miles de anos, nun lugar remoto do Mediterráneo, as dúas nacións máis poderosas da terra se enfrentaron un terrible conflicto: A guerra de Troya. Paris e Helena, Príamo e Agamenón, Héctor e Aquiles, Ulises... Unha historia de amor, poder, ambición, gloria, honra
Trátase dunha historia universal que co tempo se converteu en relato. Nun mito que, durante séculos, segundo os seus organizadores, nos axudou a reflexionar sobre a realidade do mundo e a natureza do home. E é que a mitoloxía grecolatina é un dos pilares da civilización occidental, e a historia de Troya continúa vixente para dar resposta a algunhas preguntas trascendentais que nos facemos aínda hoxe en día.