Como se prepara un concerto como o de Pablo Alborán?
Cando un chega a un concerto dun artista de primeira fila apenas repara ao seu redor. A xente adoita ir con tantas ganas de gozar da actuación que non pensa no esforzo técnico que require un evento deste tipo. E o de Pablo Alborán en Pontevedra non queda atrás. Decenas de persoas traballan desde hai meses para que todo estea a punto para que, ás dez da noite deste venres, o artista malagueño deleite aos seus fans pontevedreses.
Todo o traballo comezou, neste caso, a finais do pasado ano. A oficina de 'management' do artista púxose en contacto con Esmerarte. Estaba a preparar a xira de Pablo Alborán e ofrecían un concerto no sur de Galicia. Tras aceptar o caché do artista, a promotora púxose a buscar o mellor escenario. E atopouno en Pontevedra, na explanada do Pazo da Cultura, un lugar onde esta compañía nunca antes organizara un recital de pago.
"Como tenemos muchos eventos, no tenemos demasiado tiempo como para estar seis meses pensando en Pablo Alborán", recoñece Anxo Bautista, técnico de Esmerarte que coordina os traballos de montaxe. Pero o certo é que, nos últimos meses, visitaron en varias ocasións o recinto para realizar medicións e ultimar o deseño de espazos. "Hay que organizarlo todo bastante bien, sobre todo lo relativo a los tiempos de montaje para que no te coja el toro".
Tras un estudo pormenorizado da explanada, decidiron que o escenario se situaría á beira do Recinto Feiral, no extremo máis próximo á avenida de Compostela. "Es un recinto sencillo, porque está en alto y los accesos del público están bastante definidos", explica Bautista, aínda que ás veces non sempre é así. O sol ou o vento poden provocar que se teña que escorar a un lado, pero neste caso poderase aproveitar toda a explanada do Pazo.
Alí comezouse a montar, á primeira hora do mércores, o escenario ao que se subirá o artista malagueño. Unha impresionante plataforma de 24 metros que trouxeron ata Pontevedra en tres trailers procedentes dun dos últimos concertos da xira. "Estamos acostumbrados. Yo no tengo miedo que nos digan que vienen grandes camiones cargados de materiales", asegura o responsable de Esmerarte.
Nove persoas traballan na súa montaxe, traballos que este xoves intensificáronse ao chegar a cuberta que se instalará encima e que protexerá ao escenario en caso de choiva. Son grandes pezas que se ensamblan no chan e colócanse cun guindastre de grandes dimensións. A partir de aí, outras 30 persoas -dez do propio equipo de Alborán- comezarán a instalar os equipos de son e luces, que irán sobre grandes vigas. "Eso es lo último que se hace", di.
"Estamos acostumbrados. Yo no tengo miedo que nos digan que vienen grandes camiones cargados de materiales", asegura o responsable de Esmerarte
Será un colosal esforzo que se completa coas outras "catro o cinco personas" que se encargarán de colocar todo o valado -aínda que nesta ocasión axudan os muros altos do perímetro do Pazo-, as barras para o bar, o control de son ou a zona reservada para discapacitados. Non faltará detalle para que todo transcorra sen ningún tipo de contratempo e diso encargarase tamén o equipo de seguridade privada que vixiará o recinto.
Iso si, estes traballos non conclúen co concerto. "Igual la gente piensa que al acabar el concierto esto desaparece, pero no. Hay que desmontarlo todo", sinalan Anxo Bautista e a súa compañeira Montse Miguélez. E todo iso hai que planealo previamente e coordinalo, do mesmo xeito que á súa chegada, cos responsables do Pazo da Cultura, a quen debe comunicar todos os seus movementos dentro das súas instalacións.
A COORDINACIÓN, EN MANS DO PAZO
Pero nun concerto destas características tamén son moi importantes as cuestións relativas á coordinación e á seguridade. E aí é onde entra, principalmente, o labor do Pazo da Cultura. A xerente, Pilar Portela, explica que o organismo non só cede as súas instalacións, concede os permisos e supervisa todos os traballos que se realizan para este venres, senón que "desde aquí coordinamos todos los servicios municipales".
Espéranse unhas 8.000 persoas no concerto de Pablo Alborán e iso require un gran esforzo dos efectivos da Policía Local, Protección Civil ou mesmo Bombeiros, así como do servizo de limpeza viaria do Concello de Pontevedra. E todo pasa polo Pazo. "Para nosotros es igual que sea gratuito o de pago el concierto, porque las condiciones son las mismas", afirma a xerente das instalacións pontevedresas.
Entre todos lograrán, sen dúbida, que a experiencia mereza a pena. Agora xa só falta que tamén Pablo Alborán estea á altura. E visto o éxito da xira Terral coa que chega a Pontevedra, iso está máis que garantido.
Relacionadas:
-
Pablo Alborán conquista aos seus fans pontevedreses
Por Diego Torrado |
-
Esperando a Pablo Alborán día 2 (agora con nai): "Así como lo vea, me da un yuyu y me caigo"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Catro noites ao raso esperando a Pablo Alborán: "Ya estamos aquí, Pablo, vente, pásate a saludar"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pablo Alborán, o "concerto do ano" en Pontevedra para o que se venderon xa 4.000 entradas
Por Alejandro Espiño |