A música 'feita en Pontevedra' dos 15 Bolos despídese ata o próximo ano
Por Diego Torrado
Despois de catro días de actividade, os dous primeiros nas prazas da Verdura, Ourense e Méndez Núñez e os dous últimos no Teucro, o ciclo de concertos 15 Bolos baixou o pano.
Pensado para promover a "música feita en Pontevedra", varios grupos que ensaian no Local de Música puideron darse a coñecer entre os seus veciños.
A Praza do Teucro despediu a presente edición con dous días de microfestival, actuando o mércores 29 os grupos AnodhoR, Test Hammer, Skirl, Visceral Eyes e Que desilusión!, mentres o xoves 30 foi a quenda de Aware, Enki, Kaootik e Champurrada.
Antes, na primeira metade dos 15 Bolos, o protagonismo fora para bandas como La Casa de los Ingleses, Cora Sayers, Rëisk, Australia, The Soul Breakers e Marvel Pop.