Máis de 4.600 persoas visitaron o Sexto Edificio do Museo durante os catro días de portas abertas
Por Redacción
Un total de 4.620 personas visitaron o Museo de Pontevedra durante as xornadas de portas abertas que, con motivo da inauguración do Sexto Edificio e das obras de ampliación, puxo en marcha a Deputación Provincial entre os días 4 e 7 de xaneiro.
O desglose, día a día, dos visitantes nas mencionadas datas foi o seguinte: o venres pola tarde o Museo recibiu a 526 personas; o sábado, en horario de mañá e tarde, a 1.324; o domingo, tamén en horario de mañá e tarde, a 1.220; e o luns, última data das xornadas de portas abertas, durante a mañá e a tarde, a 1.550 visitantes.
167.064 visitantes no ano 2012
Doutra banda, o Museo de Pontevedra recibeu ao longo do ano 2012 un total de 174.521 visitantes, frente aos 167.064 que visitaron este centro no ano 2011. Un dato que, segundo a Deputación, "pon de relieve os bós resultados da liña de potenciación e apertura a novos públicos e novos ámbitos que emprendeu a Deputación de Pontevedra no seu Museo".
A exposición de Motos Históricas, as mostras de Aramburu, Dario Basso, as actividades de restauración, obradoiros, presentación de libros, cursos, charlas ou concertos, ou a propia reordenación de efectivos e unidades, son só algúns exemplos da actividade levada a cabo no Museo durante o ano que agora remata.
Para o ano 2013, que agora se inicia, a Deputación está a ultimar unha ampla programación de contidos para o Museo de Pontevedra. Entre outras actividades, figuran mostras dos artistas Celso Varela ou Manolo Paz, e de profesores e artistas que ensinaron na Facultade de Belas Artes pontevedresa agrupados nunha exposición que se denominará En plenas facultades.