Dani Mateo reflexiona sobre os sete pecados capitais nun espectáculo que chega a Pontevedra
Por Redacción
O irreverente espectáculo PK2.0 Que Dios nos pille confesados, de Dani Mateo, chega a Pontevedra. Será o próximo domingo 13 de xaneiro ás 18:00 horas no Centro Social Novacaixagalicia. Coa súa habitual carga irónica e a súa irreverencia característica, o popular presentador ofrecerá ao público un divertido monólogo arredor dos sete pecados capitais.
Asegura que é un tema que coñece ben "porque trabajo en la tele, un oficio para el que es más importante ser pecador que saber inglés". Así se presenta un Dani Mateo responsable da elaboración, dirección e interpretación desta peza cómica.
En consonancia coa súa actividade profesional, o monólogo é quizais un dos aspectos polos que máis é coñecido este presentador e cómico que tomou parte tanto na programación de canles como Paramount Comedy ou La Sexta como en espazos radiofónicos de Los 40 Principales ou RAC 1.
A dinámica da actuación estará centrada en abordar os sete pecados capitais facendo unha exhaustiva análise cómica de cada un deles, motivo polo cal Mateo considera que se pode falar en realidade de sete monólogos e non de un só. Consonte as declaracións do propio humorista, con este espectáculo non se garante o perdón dos pecados capitais, "pero sí las risas".
As entradas para asistir a este espectáculo, que teñen un prezo de 15 euros, están á venta en www.servinova.com ou ben en na billeteira telefónica no 902 504 500.