Da cálida voz de Janiva Magness á trepidante batería de Terri Lyne Carrington
Por Diego Torrado
A praza da Ferrería encheuse para gozar da inconfundible voz da cantante de Detroit, Janiva Magness, que regresaba ao Festival Internacional de Jazz e Blues sete anos despois da súa última actuación. A cantante volveu entusiasmar ao público coa súa elegancia e o seu poder sobre o escenario.
Janiva Magness deixa paso a outra actuación que interesará a todos os afeccionados ao jazz porque na noite deste venres 17, ás 22.30 horas, Terri Lyne Carrington sentará tras a batería do escenario da Ferrería para ofrecer toda a súa versatilidade artística. Esta muller é unha das máis destacadas especialistas neste instrumento no universo do jazz pero declárase amante doutros estilos como o reggae, o funk e mesmo o heavy metal.
O seu último álbum, 'Money Jungle: Provocative in blue' editado en 2013, obtivo un Grammy, o primeiro que se entrega a unha muller na categoría de mellor disco de jazz instrumental.
Relacionadas:
-
E seis días despois... rematan as noites de blues e jazz en Pontevedra
Por Redacción |
-
Remate galego e subversivo para o Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Redacción |
-
O jazz de Grammy de Terri Lyne Carrington dá paso á expresiva voz de Ruthie Foster
Por Redacción |
-
O Festival Internacional de Jazz e Blues chega á Ferrería coa voz de Janiva Magness
Por Redacción |
-
O jazz e o blues xa reinan na noite pontevedresa
Por Diego Torrado |
-
Seis días do mellor Jazz e blues internacional nas rúas
Por Redacción |