A obra teatral "De ratones y hombres", este serán no Centro Social Novacaixagalicia
Por Redacción
Un elenco de nota pon esta traxedia moderna de Steinbeck, De ratones y hombres sobre os escenarios do Centro Social Novacaixagalicia de Pontevedra, con Fernando Cayo e Roberto Álamo como protagonistas. Será a partir das 20:30 horas.
A dirección corre a cargo de Miguel del Arco. E o reparto está composto por Fernando Cayo, Roberto Álamo, Antonio Canal, Rafael Martín, Josean Bengoetxea, Irene Escolar, Eduardo Velasco, Diego Toucedo, Alberto Iglesias, Emilio Buale
Steinbeck, autor da obra De ratones y hombres, foi un bo coñecedor da gran depresión, como demostrou en diversas crónicas xornalísticas da súa autoría para The San Francisco News e en boa parte da súa obra. A gran depresión caracterizouse pola inestabilidade dos mercados, as elevadas taxas de paro, o traballo precario, despedimentos, desafiuzamentos, enfrontamentos raciais polas migracións das persoas en busca dunha vida mellor... Do Arco recupera a obra incidindo nos paralelismos existentes entre o pasado e o presente, un século despois.
Unha historia sobre homes e mulleres que se moven no vacilante límite entre a dignidade do ser humano e a animalización. Entre a razón e o instinto. Entre os que loitan para saír adiante e os que se deixan arrastrar por cansazo, incapacidade ou esgotamento. Entre os que soñan e os que, simplemente, dormen. ÿ unha loita extenuante que se produce a noso arredor a cada paso. Talvez por iso, moitas veces, pasa desapercibida ou simplemente evitamos fixarnos nela. Pero se o fas, se te paras e miras, verás que a loita está interiormente iluminada pola grandeza de corazón e a grandeza de espírito, pola dignidade, pola coraxe, pola compaixón e polo amor... Doe, pero ilumina.
Xa á venda a tempada de aboamentos de teatro nacional Novacaixagalicia en Pontevedra.