Maravallada canta por Reis
Por Redacción
A agrupación Maravallada ofreceu o seu último concerto durante estas festas de Nadal en Pontevedra. Para escoitar as súas cancións, numeroso público achegouse ata a Praza da Peregrina onde puido gozar de panxoliñas e temas tradicionais interpretados por estes músicos pontevedreses.
As cinco mulleres e dous homes da banda puxeron as súas voces acompañadas por un acordeón, pandeiretas e guitarra para ofrecer un divertido concerto que ata conseguiu arrincar algún baile entre os asistentes.
Maravallada é unha agrupación de música tradicional galega coñecida, sobre todo, pola recuperación dos "cantos de taberna" ademáis de promover diferentes actividades musicais propias de Galicia.