Teatro familiar para comezar o ano
Por Redacción
Explosións, tortazos, persecucións, sustos, malos entendidos... son os ingredientes da comedia en clave de clown, Bon Appétit, protagonizada por tres chefs da compañia Ghazafelhos que amosan ao espectador os segredos da cociña galega seguindo o libro A Cociña Galega de Álvaro Cunqueiro. Curiosamente, a cociña tradicional é o ingrediente perfecto para escachar da risa. Bon Appétit é un espectáculo que busca achegarse a toda a familia e vai desenvolverse este mércores 2 ás seis da tarde no Auditorio de Vilagarcía.
Á mesma hora, este xoves 3 a compañía de títeres Teatro Babaluva presentará no Auditorio de Vilagarcía o espectáculo Lume, unha proposta innovadora onde dúas titiriteiras recrean un bosque con todos os animais e contan unha historia medioambiental para rapaces con idades comprendidas entre os 2 e os 10 anos. Nesta obra empréganse técnicas de contacontos e monicreques.