Despídense os Sete Falares e deixan língua para todo o ano
Por Diego Torrado
O Teatro Principal de Pontevedra rexistrou unha boa entrada de público no acto de clausura da edición deste ano de Sete Falares, o encontro internacional de narradores de historias que se desenvolveu dende o xoves 4.
Paula Carballeira, Wayqui, Ana Lage, Pep Bruno, Ana Lines, Manuel Solla e Pavís Pavós participaron neste acto final, acompañados pola agrupación musical Lulavai.
Na edición deste ano de Sete Falares levouse a cabo unha ruta de historias polo centro histórico pasando por zonas emblemáticas mentres os contadores animaban as visitas coas súas narracións sorprendentes.