Alumnos do Sagrado Corazón presentan un documental sobre Filgueira Valverde
Por Redacción
Este luns 25 de maio ás 17.00 horas, o Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Pontevedra acolle a estrea do documental sobre a figura de Xosé Filgueira Valverde, realizado integramente polos alumnos de cuarto curso da ESO deste centro.
Neste documental, os estudantes analizan a figura do polifacético intelectual pontevedrés ao que se dedicou o Día das Letras Galegas deste ano, a través de entrevistas con diversos representantes políticos e culturais como, entre outros, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; co director do museo de Pontevedra, Carlos Valle; ademais de co representante da Real Academia Galega, Sabino Torres; a deputada provincial Isabel Vázquez e os fillos de Filgueira Valverde, Fernando e Araceli.
O documental fai un repaso sobre a influencia artística e cultural do erudito pontevedrés, que ademais exerceu como alcalde da cidade entre 1959 e 1968.