A curtametraxe "Unhas clases do social a tempo" convertirase en webserie
Por Redacción
Ante máis de 150 persoas, o director pontevedrés Pablo Cacheda anunciaba no Casino Mercantil que Unhas clases do social a tempo, a súa última curtametraxe, vaise converter nunha webserie que vai lanzarse periódicamente na internet. O novo cineasta en compañía do produtor Pablo Fernández xa están a buscar apoios económicos, do mesmo modo que cando iniciaron o proxecto da curta, para poder financiar esta nova proposta.
O anuncio producíase antes do monólogo do actor arousano Carlos Blanco e da proxección da curtametraxe en Pontevedra nas instalacións do Casino Mercantil de Pontevedra, situado na praza de Curros Enríquez, espazo que serviu de set de rodaxe de varias secuencias da curtametraxe, un traballo protagonizado polos actores Santi Romay, Carlos Blanco, Miguel Guido, Julio Cela e Noelia Fernández.
O curto que xa foi presentado en Madrid e en Barcelona será proxectado o próximo 9 de febreiro na cidade portuguesa de Porto.