DOCBUEU enfróntase aos transxénicos
Por Redacción
DOCBUEU continúa o seu ciclo coa proxección de O mundo segundo Monsanto, un coñecido documental da xornalista francesa Marie Monique Robin que expón o monumental negocio que supoñen para esta multinacional os organismos xenéticamente modificados.
Monsanto controla o 90% do mercado de tranxénicos e, polo tanto, unha parte importante da alimentación mundial. Con base en testemuños e documentos inéditos, ponse de relevo asemade a toxicidade doutros produtos da compañía estadounidense, que acumula numerosos procesos xudiciais.
DOCBUEU continúa co seu obxectivo de revelar aquilo que os grandes medios non amosan por salvagardar os intereses económicos dunha elite mediante a imposición dun xeito de pensar e de vivir.
A sesión vai desenvolverse este venres 28 ás 22 horas no Centro Social do Mar, con entrada de balde.
A actividade está organizada pola produtora Melodía Visual, coa colaboración da Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e do Concello de Bueu.
Fonte: Youtube