Purificación García presenta o seu Premio Bienal de Fotografía no Sexto edificio do Museo
Por Redacción
Ata o 11 de novembro poden observarse no Sexto edificio do Museo as 17 obras que foron seleccionadas entre as presentadas ao Premio Bienal de Fotografía 2012 de Purificación García.
Segundo manifestou a deseñadora nacida en Ourense "a fotografía é a única disciplina que progresa cada día". E sinalou que no certame deste ano se encontra unha importante diversidade de tendencias. Purificación García tamén quixo apuntar que lle resulta especial que a mostra chegue a Pontevedra por ser unha cidade que conta cunha Escola de Estudos superiores de Deseño téxtil e Moda de Galicia (ESDEMGA).
Dentro dos traballos que se poden observar nesta mostra encóntrase a obra gañadora, pertencente a Regina de Miguel e trátase dunha serie que leva por título Un efecto de verdade. O segundo premio corresponde a Jaime de la Jara pola súa obra Place One e o terceiro premio obtívoo Zoe T. Vizcaino pola súa obra Maelstrom Saltstraumen.