Sés presenta con éxito en Pontevedra o seu novo traballo, 'Tronzar os valos'
Por Daniel Santomé
María Xosé Silvar, ou o que é o mesmo Sés, protagonizou este venres un animado concerto no Teatro Principal de Pontevedra.
A artista galega presentou na cidade de Lérez o seu último traballo discográfico, Tronzar os valos, nunha mestura de cancións con influencias do rock, blues e sons latinoamericanos.
Non faltaron a sinceridade das súas mensaxes ou a súa bravura no escenario para completar un concerto formulado con proximidade cara ao público.
Tronzar os valos é o terceiro traballo de estudo da coruñesa tras Admirando a condición e Co xenio destrozado.
Á banda habitual de Sés uníronse ademais colaboradores habituais para facer do concerto unha cita un pouco máis especial.