Emoción e risas no Teatro Principal con "Ramón, Ramón", a obra da aula de teatro do CIM
Por Redacción & Mónica Patxot
Tras representala con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da erradicación da violencia sobre a muller, a aula de teatro do Centro de Información á Muller volveu subirse ao escenario do Teatro Principal de Pontevedra coa obra Ramón, Ramón.
Os homes e mulleres da aula de teatro encarnan nesta montaxe aos membros dun grupo de teatro que está a ensaiar para a estrea do seu espectáculo. Este espectáculo conta con historias divertidas así como historias dramáticas e tristes. ÿ, en todo caso, un alegato á vida, á cotidianidade.
Ramón, Ramón é o resultado do traballo que se desenvolveu na aula de teatro de mulleres e homes do CIM do curso 2014, unha iniciativa que naceu da necesidade de darlle continuidade aos cursos de iniciación ao teatro que se desenvolvían a través do CIM.
O guión do espectáculo é orixinal, escrito por Andrea Bayer, directora da aula e do espectáculo e nace dos exercicios que se desenvolveron na aula ao longo do curso. De feito, o guión reflexa historias dos propios alumnos da aula, así que están baseadas na realidade aínda que mesturadas cunha dose de fantasía.