Os 90 anos da Coral Polifónica enchen a igrexa de San Francisco
Por Redacción
A igrexa de San Francisco quedou sen ocos baleiros este domingo ante a chegada de fieis e amantes da música que quixeron asistir a un acontecemento único no interior do templo: o 90 aniversario da primeira actuación da Coral Polifónica de Pontevedra.
A igrexa completou o aforamento para o concerto, no que se alternaron obras clásicas do repertorio da Coral Polifónica con novas pezas. A actuación estivo dedicado a todas aquelas personas que colaboraron coa agrupación nas súas nove décadas de vida e dun xeito moi especial ao intelectual Xosé Filgueira Valverde, presidente da sociedade durante 19 anos (1978-1996).
A Coral Polifónica, que está agora dirixida por Nanette Sánchez Ordaz, conta no seu currículo con máis de 700 concertos e actuacións de carácter internacional en lugares como Portugal, Arxentina ou Uruguai. Co aval desa traxectoria, regresou ao mesmo lugar onde naceu, pois o seu primeiro concerto público realizouse o 9 de abril de 1925, Xoves Santo, na igrexa conventual de San Francisco.
Relacionadas:
-
Gústache cantar? A Coral Polifónica precisa voces masculinas
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo describe a Filgueira Valverde como un "entrañable infiltrado da Cultura no mundo da política"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Concello homenaxea a Xosé Filgueira Valverde cun obradoiro literario a partir da obra "Agromar"
Por Redacción |
-
Concerto para conmemorar 90 anos da primeira actuación da Coral Polifónica
Por Redacción |