Spin Doctors celebrarán o seu vixésimo aniversario en Pontevedra, o seu único concerto en Galicia
Por Alejandro Espiño
2013 empeza ao grande, musicalmente falando. Se hai apenas uns días presentábase a X edición de Cantos na Maré, hoxe confirmouse que un dos grupos referencia do rock alternativo visitará Pontevedra o próximo 3 de febreiro. Trátase da banda estadounidense Spin Doctors. Cúmprese o vixésimo aniversario do seu primeiro disco e celébrano cunha xira que terá no Pazo da Cultura a súa única data en Galicia.
"ÿ un grupo que tivo un éxito masivo nos anos 90, pero que non se prodigou moito máis alá dos Estados Unidos e do mercado anglosaxón, polo que é todo un luxo poder contar con eles e facelo en Pontevedra", explicou Kim Martínez, director de Esmerarte, a productora que organiza este concerto. "Sen dúbida, o principal concerto do inverno", segundo a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro.
Xurdidos da New York's School of Jazz en 1990, Spin Doctors sorprenderon a propios e estraños cun primeiro traballo incontestable en canto a pegada e mestura sinxela e efectiva de rock, pop e funk. Pockef Full of Kryptonite foi un dos discos máis aclamados por público e crítica nos anos 90. Venderon máis de 10 millóns de copias en todo o mundo, o que converteu o seu debut nun fenómeno internacional.
Un álbum repleto de hits cuxo éxito ver reflectido na súa continua presenza nas listas dos discos máis vendidos e premiados da década dos 90. Two Princess foi, en concreto, o tema máis pinchado en 1993 e ten nin máis nin menos que tres millóns de reproducións certificadas en radios de todo o planeta.
Trátase dun traballo que agora reeditaron con motivo deste vixésimo aniversario. "ÿ unha formación moi de rock, pero agora revisaron este disco e veñen con cancións novas", dixo Kim Martínez, quen destacou que o lugar escollido para o concerto, o Pazo da Cultura de Pontevedra, "é un espazo moi acolledor", nos que funcionaron moi ben outros eventos organizados por Esmerate como os concertos de Xoel López, The Waterboys e Michael Nyman.
O productor destacou que Spin Doctors son "unha referencia do seu tempo" e manifestou a súa satisfacción por contar con "estas pequenas xoias que de vez en cando un pode rescatar e que teñen un target moi amplo". Neste sentido, afirmou que Pontevedra "estase convertendo nun espazo non que esas pequenas xoias pouco a pouco van pasando e vos que nos dedicamos a isto e vivimos aquí, é un orgullo".
Desde a súa formación, os neoyorquinos Spin Doctors souberon manterse na cresta musical ao longo destas dúas décadas de traxectoria. Unha banda que segue en plena forma e que sen dúbida traerá aos asistentes a este concerto moi bos recordos. "E se conseguimos que Pontevedra sexa unha referencia e veña xente desde Canarias, como con Nyman, para ver o concertou, mellor", asegurou Anxos Riveiro.
As entradas para ver a Spin Doctors puxéronse xa á venda. Teñen un prezo de 18 euros se se adquíre de forma anticipada e de 22 euros en taquilla. Pódense comprar a través de Servinova, a taquilla electrónica de Novacaixagalicia.