O Teatro Principal de Pontevedra, nova parada da xira "Carta Blanca" de Quique González
Por Alejandro Espiño
A programación musical do Pazo da Cultura suma un novo atractivo. Quique González, considerado como un dos mellores músicos e compositores do panorama español, actuará na cidade de Pontevedra o próximo 21 de xuño.
A última xira do artista madrileño, Carta Blanca, incorporará un concerto no Teatro Principal. Será nunha liña intimista como todas as actuacións que se enmarcan dentro deste tour, pensando para actuar en solitario, en recintos pequenos e cun repertorio aberto que cambia cada noite en función das suxestións do público.
A xira comezou o pasado 28 de febreiro en Salamanca e percorrerá outras cidades como Donostia, Barcelona, Madrid, Pamplona ou Almería.
O artista, cunha ampla traxectoria e nove álbums na súa discografía, amósase moi ilusionado con esta xira, cuxa idea surxiu o pasado verán cando, durante unha actuación en Málaga en acústico e sen banda Quique ofreceu un concerto que, grazas ás peticións do público, prolongouse máis de tres horas.
"Fue mágico descubrirme haciendo lo mismo que hacía cuando empezaba a tocar en clubes de Madrid hace 20 años, pero después de haber grabado nueve discos que nunca he conseguido ver juntos en mi estantería", explicou nese momento. Antes de comezar a gravar o seu novo disco "me apetece lanzarme a esta aventura en solitario y sentir que viajo más ligero de equipaje por una temporada".
As entradas poderanse mercar nos próximos días en www.ataquilla.com a un prezo de 20 euros en venda anticipada e 25 euros o mesmo dia na billeteira, no caso de non esgotarse.
Esta actuación súmase a do artista Pablo Alborán que terá lugar o 11 de setembro na explanada do Recinto Feiral.
Relacionadas:
-
Un Quique González máis intimista e acústico triunfa dando 'carta branca' aos seus fans pontevedreses
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Últimas entradas á venda para o concerto de Quique González no Principal
Por Redacción |
-
Treixadura celebrará os seus 25 anos sobre os escenarios cun concerto en Pontevedra o 11 de abril
Por Redacción |
-
24 de abril, Teatro Principal: Sés regresa a Pontevedra para presentar "Tronzar os valos", o seu terceiro disco
Por Alejandro Espiño |
-
Pablo Alborán inclúe Pontevedra na súa nova xira: actuará na cidade o 11 de setembro
Por Alejandro Espiño |