O violinista libanés Ara Malikian celebrará en Pontevedra os seus quince anos sobre os escenarios
Por Redacción
Ara Malikian, un dos violinistas máis coñecidos do panorama internacional, encóntrase de xira por España para celebrar os seus quince anos sobre os escenarios do noso país. E con ela chega a Pontevedra. O músico libanés actuará o próximo domingo 15 de marzo, a partir das 19.30 horas, no auditorio da sede de Afundación na cidade.
Coa súa xira 15, que se inaugurou en novembro cun concerto benéfico no Teatro Real, no mesmo escenario no que debutou Ara Malikian hai tres lustros, o músico pon fin a un ciclo dentro da súa traxectoria profesional e inicia unha nova etapa na que se abrirá máis ao mercado internacional e se dedicará a compoñer o seu propio repertorio.
O concerto que ofrecerá en Pontevedra é, para o artista, a culminación dun longo período de traballo, de esforzos e o agradecemento a todos os que mostraron o seu apoio nestes 15 anos, nos que representou máis de 4.000 espectáculos en todos os cantos de España.
Novamente, o obxectivo da súa xira é achegar a música clásica a públicos diversos e de todas as idades. Así, no repertorio, inclúense obras clásicas e tamén adaptacións para orquestra de composicións do amplo repertorio da música popular do século XX. Con elas, repasará os espectáculos cos que percorreu o país durante este período.
As entradas están dispoñibles a través de www.ataquilla.com e do despacho telefónico no 902 504 500.