Ricardo Toscano, a nova estrela do jazz portugués, abre con éxito o ciclo Jazz no Principal
Por Redacción
Con tan só 21 anos, Ricardo Toscano é a nova estrela do jazz portugués. Trátase dun novo saxofonista que asombrou a todos dende que, á idade de 16 anos, fora distinguido na Festa do Jazz do Sao Luiz (Lisboa). El foi o encargado de abrir o ciclo Jazz non Principal, que viviu este sábado o primeiro dos tres concertos programados.
O Teatro Principal de Pontevedra acolleu a actuación deste mozo músico, que estivo acompañado da formación SPJ Group, a agrupación formada por diferentes alumnos do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra: Lucas Martínez (vibráfono), Dani Font (guitarra), Pablo Patiño (contrabaixo) e Pepetony silva (batería).
Os pontevedreses puideron gozar co talento da gran figura emerxente do jazz en Portugal. Este artista que aos sete anos de idade se quedaba hipnotizado ao oír o Blue Tain de Coltrane empezou estudando clarinete para máis tarde pasarse ao saxofón nas principais escolas lisboetas.
Tras ser recoñecido como o saxofonista revelación na Festa do Jazz do Sao Luiz, formou o seu propio cuarteto, que saíu vencedor do premio Jovens Músicos, promovido pola cadea de radio Antena 2, na categoría de jazz.
Dende entón a súa xa participación co seu cuarteto no Estoril Jazz, e a súa inclusión en proxectos musicais como The Mingus Project e Nelson Cascais Decateto, fan de Toscano un artista cunha carreira meteórica.