O Salón do Libro pon en marcha un concurso de microrrelatos a través de Twitter
Por Redacción
Os estudantes de Ensino Secundario teñen a oportunidade de participar na primeira convocatoria do Concurso de Microrrelatos Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra que na edición de 2015 ten como tema 'Da Ciencia á Ficción'.
O certame iniciarase o próximo luns 9 de febreiro e é unha das novidades do programa previsto para a edición deste ano. A iniciativa adiántase á inauguración do salón coa idea de dar a coñecer o evento cultural entre os nenos. O medio utilizado para ese fin é a rede social Twitter, que hara que a competición sexa máis emocionante, segundo a organización, tanto pola súa inmediatez coma polas limitacións ás que obriga esta rede social.
O concurso premiará un só estudante e o galardón consistirá en entradas para asistir a unha función teatral en Pontevedra cos seus compañeiros de clase. A organización do Salón do Libro colgará na conta de Twitter, @SalondoLibro, o inicio dunha historia que os participantes deberán completar con, como máximo, tres tuits. Os participantes deberán incluír sempre o hashtag #daCienciaFiccion.
No caso de que se publique máis dun tuit, deben indicar a súa orde da seguinte forma: 1/3, 2/3 y 3/3. A organización non admitirá a concurso ningún tuit que non vaia acompañado do hashtag.
Os finais alternativos á historia poden enviarse ata o 2 de marzo, data na que o Salón do Libro xa estará en marcha. Os tuits deberán estar escritos en galego e ser orixinais.
O xurado que seleccione o gañador estará composto por representantes do XVI Salón do Libro e o seu fallo farase público o 5 de marzo.
Relacionadas:
-
Unha alumna do IES Torrente Ballester gana o I Concurso de Microrrelatos en Twitter
Por Elsa Juliá Sánchez |
-
Máis de 300 actividades nun Salón do Libro que pasa a invadir o recinto feiral
Por Natalia Puga |
-
Contacontos nas librerías e unha mostra na Biblioteca quentan os motores do Salón do Libro
Por Oskar Viéitez |
-
O Salón do Libro estrea colaborador: o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología
Por Redacción |
-
'Star Wars', 'Alien' e '2001, unha odisea no espazo' serán as inspiracións do Salón do Libro deste ano
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Corenta colexios exporán os seus traballos na XVI edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil
Por Redacción |