As 'viaxes de ida' de Villanueva recalan o 5 de febreiro na Sala Karma de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Villanueva, un dos proxectos musicais máis interesantes que xurdiron en Galicia nos últimos anos, continua en 2015 presentando o seu primeiro disco Vijes de ida (Esmerarte, 2014). Tras unha intensa xira que lles levou a unha vintena de localidades de toda España, volven á estrada con novos concertos. E un deles traeraos a Pontevedra. Será o próximo xoves 5 de febreiro, a partir das 22.00 horas, na Sala Karma.
Varias publicacións especializadas sinalaron esta banda viguesa como un dos debuts discográficos máis interesantes do pasado ano. Villanueva alcanza a maioría de idade con este primeiro traballo en solitario despois de militar nas bases da loita sonora da cidade.
Liderada por Josete Díaz Villanueva, compositor e vocalista de cada unha das dez cancións deste primeiro disco, Villanueva está formada tamén por Nacho Dafonte (batería), David Fermoselle (teclados), Tarci Ávila (guitarra) e ÿscar Durán Uka (baixo).
Preséntase como unha banda que recolle unha testemuña cheo de espazos sonoros para ver como en certas pasaxes se achega tanto ao rock máis elegante coma ao pop máis ácido e descarado, sen perder nunca os papeis de sobriedade que chuspen os textos de cada canción.
Trátase dunha aposta por crear música para encher ocos nas vidas cotiás, sen complicacións. Un puñado de cancións para percorrer calquera rúa e facer fluír a imaxinación do que vai e do que vén.
Na gravación do seu primeiro disco participaron músicos do talle de Ramiro Nieto (The Right Ons, Jet Lag), Carlos Sosa (batería de Fuel Fandango), Javier Doria (Anni B. Sweet) ou ÿscar García (Tuya). A produción correu a cargo de Ángel Luján.
As entradas para este concerto sairán á venda nuns días.
Relacionadas:
-
Villanueva: "O de Pontevedra será un concerto especial. Querémolo pasar ben, pero tamén arriscar"
Por Alejandro Espiño |
-
Furious Monkey House enche a Sala Karma días antes de ir a Londres a gravar o seu primeiro disco
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Vinila von Bismark presentará o 20 de febreiro na Sala Karma o seu primeiro disco en solitario
Por Alejandro Espiño |
-
Arizona Baby presentará en marzo en Pontevedra "Secret Fires", o seu terceiro disco
Por Alejandro Espiño |