94.468 persoas visitaron o Museo de Pontevedra durante o 2014
Por Oskar Viéitez
Un total de 94.468 persoas visitaron as dependencias do Museo de Pontevedra durante o ano 2014 a pesar de que algúns dos seus máis emblemáticos espazos (as Ruinas de San Domingos e os edificios Castro Monteagudo e García Flórez) permaneceron pechados ao público.
As Ruinas de San Domingos, que recibiron a 30.000 visitantes no ano 2013, levan pechadas ao público todo o ano por mor de tarefas de conservación e rehabilitación patrimonial do singular conxunto histórico. Pola súa banda, os edificios Castro Monteagudo e García Flórez (situados na céntrica Praza da Leña de Pontevedra e que recibiron a 36.000 visitantes no 2013) están pechados ás visitas dende o pasado mes de xuño, tamén para acometer labouras de rehabilitación e mellora.
No balance presentado polo Museo de Pontevedra á xunta de goberno da Deputación de Pontevedra destácase que en 2014 baixaron as visitas de público do sector turístico.
Segundo sinalan dende a Administración provincial a razón estriba en que o Sexto Edificio, que está centrado nas Belas Artes e nas grandes coleccións, está máis alonxado do centro da cidade e suscita menos interés deste tipo de público frente aos pechados Castro Monteagudo ou García Flórez que albergan pezas e temas de máis grande interés para o turista, como poden ser as salas navais ou a cociña tradicional galega, entre outras.
Sin embargo, nas visitas ao Museo de Pontevedra aumentou o público do sector educativo (grupos escolares) cun total de 11.273 alumnos e de grupos de ámbeto galego, sendo máis do 50% das visitas en grupo.
Relacionadas:
-
Arrancan as obras de consolidación das ruínas de San Domingos
Por Redacción |
-
As chaves do Museo, xa nas mans da Deputación
Por Redacción |
-
Ceden o Museo un retablo catalán do século XV, unha peza singular do gótico internacional
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O Boletín Oficial da Provincia anuncia a licitación das obras das ruínas de San Domingos
Por Redacción |
-
As deficiencias dos edificios principais do Museo, a punto de corrixirse
Por Redacción |