Celme recorda os seus 30 anos de vida

Por Redacción
A Agrupación Folclórica Celme suma xa 30 anos de historia dende o seu nacemento en Pontevedra e este sábado quixo facer un repaso pola súa vida nunha gala na que actuaron os seus compoñentes actuais e pasados e na que o acompañaron como convidados de honra o Grupo Carallana de Cariñena (Aragón) e o Grupo de Gaitas Esbardu de Avilés (Asturias).
A gala de aniversario, celebrada no auditorio da sede de Afundación en Pontevedra, tivo un marcado carácter innovador, cunha posta en escena que dende a propia agrupación describen como fresca e cun ritmo vibrante.
O espectáculo, que sorprendeu os pontevedreses que quixeron asistir á conmemoración, fixo un repaso á riqueza da cultura galega que dende Celme recolleron durante os seus longos anos de dedicación a través da música, o canto e o baile. E tivo un recordo para os 14 países nos que actuou.
Participarán tamén como convidados diferentes ex compoñentes da asociación como o recoñecido gaiteiro Oscar Ibáñez. O resultado foi un espectáculo variado, entretido e animado.
Gala XXX aniversario da agrupación folclórica Celme
La Agrupación Folclórica Sustancia hizo un repaso por sus 30 años de vida en una gala en la que actuaron sus componentes actuales y pasados, el Grupo Carallana de Cariñena (Aragón) y el Grupo de Gaitas Esbardu de Avilés (Asturias)
© Diego Torrado