Chega a Vilagarcía o musical "El Principito", interpretado por un grupo de nenos madrileños
Por Redacción
O Auditorio de Vilagarcía acolle esta fin de semana un espectacular musical infantil baseado no famoso relato de Antonio de Saint-Exupéry "El Principito". O musical, destinado ao público familiar, chega dende Madrid e está interpretado por un grupo de nenos e nenas que actúan, cantan e tocan as pezas musicais.
A música orixinal, un coro de nenos e unha posta en escena chea de imaxinación e poesía, fan deste musical unha experiencia única para compartir en familia, xa que, como sinalan desde o Concello de Vilagarcía, "os nenos aprenden a mirar as cousas cun pouquiño máis de profundidade e os maiores aprenden a ser nenos outra vez".
O musical "El Principito" está interpretado por nenos do colexio Los Robles, de Aravaca. Estes alumnos compoñen o coro grego que actúan como a conciencia do protagonista, O Principiño, e axudan ao espectador facerse partícipe da historia.
O coro canta e bérralle ao protagonista, toca instrumentos, móvese e introduce elementos escénicos no espectáculo. Ademais, enriquece os ambientes sonoros da obra mediante a interpretación de sons onomatopeicos para recrear o son do vento, o do paso dun avión e mesmo o que fan animais nocturnos.
Instrumentalmente, a obra susténtase no método Orff, baseado en frautas escolares, instrumentos de láminas (xilófonos, metalófonos e carillóns) e instrumentos de pequena percusión (maracas, cascabeis, sambinas, caixas chinas, castañolas, güiros). As escalas musicais son o primeiro que aprenden os niños ao enfrontarse aos instrumentos de láminas. Por isto, faise un uso frecuente de escalas musicais ascendentes e descendentes para recrear os amenceres e os solpores. Desta forma refórzase aínda máis a sonoridade infantil.
A formación orquestral fundaméntase nun piano clásico (co que se recrea o mundo dos adultos) e un pequeno piano de xoguete (para o mundo dos nenos) e o contraste entre ambos será unha constante na sonoridade de la obra.
O espectáculo porase en escena o domingo, 16 de decembro, ás 12:30 da mañá e as entradas pódense adquirir anticipadamente a través da web www.servinova.com e do teléfono 902 504 500. Tamén o día da función a partir das 10:30 horas no Auditorio. Os prezos son 14, 10 e 8 euros.