¡Soy una taza!, toda a familia a bailar coa Panorama
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
A Orquestra Panorama puxo a bailar a toda a familia co seu musical infantil "Panorama Kids".
Estes venres e sábado o Pazo da Cultura foi o escenario elixido para o goce dos fans máis novos da orquestra de Lito, que por uns días deixa a noite para adaptarse ao horario infantil e á comodidade dun auditorio.
Oito cantantes, outros tantos bailarins e dez músicos participan nesta xira, aos que se suma a actriz María Mera que exerce de condutora do espectáculo e se suma a varios dos números de baile. Ademais da aparición de personaxes como Pepa Pig ou Dora la Exploradora.
No repertorio as máis aplaudidas o 'Libre soy' da película Frozen ou 'Ser mejor' da serie televisiva Violetta. Aínda que sen dúbida ningunha a palma lévaa 'Soy una taza', co baileciño engadido. A ver quen se resiste, verdade, Mónica?
Relacionadas:
-
Panorama Kids, un musical para toda a familia, chega esta semana a Pontevedra
Por Redacción |
-
Luis Fonsi, Bustamante, Auryn ou Pablo López acompañarán a Panorama na VIII Gala contra o Cancro
Por Redacción |
-
'Panorama Kids', en Pontevedra e Vilagarcía: a Orquestra Panorama tamén é para nenos
Por Redacción |
-
Panorama presenta en Sanxenxo o videoclip de 'Mete pal cuerpo', incluído en Caribe Mix 2014
Por Redacción |
-
A orquestra Panorama pon o broche de ouro a un Mundial de Dúatlon para a historia
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |