'Iván Aveces', un agasallo multiplicado por mil
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Hai persoas que deixan pegada. Aínda que só teñan tres anos de idade. Este é o caso do noso protagonista, un neno que regala aos demais os sorrisos que a el a vida negoulle.
Este pequeno pasou un día por Cronopios da man da súa nai de acollida sen saber que non só estaba entrando na librería senón tamén na vida de Jano Llorca, o libreiro.
"Es un niño muy especial, muy risueño", comenta Jano. Por iso quixo facerlle un agasallo singular: un recordo. A idea foi tomando forma ata converterse nun conto: Iván Aveces. Un agasallo de Nadal que pretende ser "algo que trascienda en su vida".
"Es una manera de que apareciera su madre de acogida y también yo", explica o propio Jano sobre este pequeno libro no que o neno é o protagonista, "con los típicos super poderes que todos deseamos tener, tanto de niños como de mayores, volar, correr como un rayo, saltar como un canguro".
"A la vez quería enseñarle que, por muy diferente que sea e independientemente del entorno en el que uno esté, se puede conseguir cualquier cosa en la vida si te lo propones en serio", explica Jano Llorca. "Fundamentalmente, que no se sienta diferente", engade.
En principio só se ían a facer tres copias do conto, "para él, para su madre de acogida y otra para mi", pero as cousas complicáronse un pouco. "Esto me ha sobrepasado completamente", admite Jano. "Empezaron a pedirme copias los amigos y preguntamos precios para imprimir 20 copias, 30 copias al final hemos hecho mil copias que no sé como vamos a hacer para venderlas".
Pola compra de cada exemplar de Iván Aveces destínase 1 euro para a Cruz Vermella
Era un proxecto pequeniño pero a raiz del Jano creou unha editorial xunto á súa socia Patricia Estévez, e asegura que "también me he animado a escribir, dentro de mis limitaciones y ya tenemos tres libros infantiles en camino". Un de trabalinguas, outro titulado Juan Dislate e a súa vida de disparate e un terceiro sobre os oficios, que xira ao redor da clásica pregunta, e ti, que queres ser de maior?.
"El trabajo de ilustración que ha hecho Tania Solla es asombroso y eso me ha hecho ver, como librero que soy, que este cuento es vendible", destaca Jano, moi animado tamén polo éxito que está tendo entre os seus familiares e amigos.
O conto ten ademais un extra. Pola compra de cada exemplar de Iván Aveces destínase 1 euro para a Cruz Vermella, que é quen xestiona o programa de acollida da Xunta. "Es para que puedan ampliar este programa porque en estos momentos sólo hay dos familias de acogida en Pontevedra", explica Llorca.
O conto Iván Aveces será presentado este martes día 30 ás 20:00 horas na librería Cronopios.