Xa está aquí o Culturgal: Así será o primeiro día da feira
Por Alejandro Espiño
Todo está preparado para que, a partir deste venres, unhas 15.000 persoas -segundo as estimacións previas dos seus organizadores- participen na sétima edición de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais. Abrirá as súas portas ás 11.00 horas no Recinto Feiral de Pontevedra e ofrecerá, durante os seus tres días, case 140 actividades e 64 expositores de 70 empresas, colectivos culturais e entidades públicas.
A súa inauguración oficial será ás 12.30 horas e nela participarán entre outros o conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; ou o presidente de Culturgal, Manuel Bragado.
A programación deste primeiro día da feira é a seguinte:
ESPAZO INFANTIL
- 11.30 horas: Encontro con Anxo Fariña, autor e ilustrador de Os Megatoxos
- 12.30 horas: Presentación de Un artista na aula
- 18.30 horas: Os monicreques da merenda
- 19.30 horas: O murmurio do mar
- 20.30 horas: Presentación do libro disco Gatuxo de Magín Blanco.
ESPAZO FORO
- 11.30 horas: Kaleid@labs
- 12.30 horas: Encontro con Pere Tobaruela, autor, e Andrés Mexide, ilustrador, da serie Formig4s.
- 15.00 horas: Emisión en directo do Diario Culturgal da Radio Galega
- 18.00 horas: Espello máxico de Imaxin Software
- 18.30 horas: Presentación do disco de Factoría de subsistencia
- 19.00 horas: Presentación punto.Gal
- 19.45 horas: 11 caligramas fundamentais de Uxío Novoneyra
- 20.30 horas: Presentación da revista dixital de humor O Botafumeiro
ESPAZO CARPA
- 12.00 horas: A casa do avó de Tanxarina Títeres
- 17.30 horas: Tempo catro. As cores porteñas
- 18.30 horas: Cancións faladas do Colectivo A Claque
- 19.30 horas: Concerto de Pepe Solla + Yago Carreño
- 20.30 horas: Maghua Cantareiros, unha proposta de Inquedanzas Sonoras
ESPAZO LIBRO
- 11.30 horas: Entrega do premio Meiga Moira a Andrea MaceirasLafuente por Miña querida Sherezade
- 17.00 horas: Ophiusa. O xogo de cartas do Reino de Galiza, Contos Estraños: Segunda Era, As aventuras de Margaret White
- 18.00 horas: Nove e a cociña galega
- 18.30 horas: Terras de Rosendo
- 19.00 horas: Conversa con Francisco Castro, Manuel Núñez Singala e Antón Dobao
- 20.00 horas: Conversa con Fran Alonso e Xurxo Souto
SALÿN DE ACTOS
- 19.30 horas: Proxección de A esmorga, de Ignacio Vilar
Ademais, poderán visitarse xa dúas exposicións: Do papel ao xesto. Libros de artistas e outras diverxencias y Bravú XX. Tanta paixón, quen poderá detela!, presentadas hai unhas semanas; e haberá un espazo específico para desenvolver unha programación dirixida a bebés de 0 a 3 anos, onde haberá zonas especiais habilitadas para facilitar ás familias a atención dos seus pequenos.
Será o primeiro ano no que a entrada a Culturgal sexa de pagamento. Terá un prezo de dous euros (adultos) e un euro (nenos ata 12 anos). Haberá un "guiño especial", segundo o director da feira, Xosé Aldea, aos pontevedreses que poderán adquirir un bono que lles permitirá entrar os tres días por tres euros e dous euros, respectivamente.
Relacionadas:
-
Culturgal 2014 é a "demostración de forza" dun sector galego no que traballan 24.300 persoas
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Presentan Culturgal 2014, a "mellor edición" dunha feira que se abre a novos sectores culturais
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Culturgal 2014 será de pagamento e con eventos gastronómicos
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |