Ceden o Museo un retablo catalán do século XV, unha peza singular do gótico internacional
O Museo de Pontevedra conta, desde este martes, cun nova peza artística de gran valor. Trátase dun retablo do gótico catalán, datado entre 1420 e 1430 e que representa a Santo Estevo. Foi cedido en depósito pola familia Ruiz-Moya Decoster, que mercou este retablo hai vinte anos a un anticuario de Barcelona. Agora entrégao a esta institución cultural durante un período inicial de cinco anos, aínda que se contempla a posibilidade de prórrogas.
ÿ o segundo retablo que esta familia cede ao Museo de Pontevedra, despois da cesión realizada en marzo de 2010 do retablo de San Acacio e os dez mil mártires do Monte Ararat, procedente orixinariamente do convento dominicano de Santa María de Belvís, en Santiago de Compostela.
O retablo de Santo Estevo data do século quince. ÿ un retablo de filiación catalá creado, con seguridade, no taller dun dos máis importantes pintores do gótico catalán, como é Jaume Cabrera. Trátase dunha peza que se conserva completa, ao contrario do que adoita suceder con este tipo de obras. ÿ un retablo do gótico internacional moi ben conservado.
O director do Museo, Carlos Valle, afirmou que o retablo de Santo Estevo ten a singularidade de que se conserva completo e de que mostra a historia deste santo en seis escenas que reproducen "la vida de quien fue el primer mártir de la Iglesia y que murió apedreado, por lo que fue asimilado a los Apóstoles".
Valle destacou que esta peza procede dalgunha capela, mosteiro ou igrexa dedicada a Santo Estevo no patrimonio eclesiástico da zona occidental de Barcelona "seguramente enajenado cuando la Desamortización de Mendizábal".
Este retablo catalán exporase na Sala 1 do Sexto edificio do Museo, a poucos metros do de San Acacio, a única testemuña chegada ata hoxe dunha pintura sobre táboa realizada en Galicia durante a Idade Media. Forman parte dunha colección que, segundo destacou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, xunto coa colección Castelao, é un dos grandes atractivos deste Sexto Edificio do Museo.
Rafael Louzán agradeceu á familia a confianza depositada no Museo para protexer e difundir pezas únicas que pertencen ao seu patrimonio privado. Sinalou que esta doazón que incrementará os "mouchos atractivos" culturais e artísticos do Museo de Pontevedra e ampliará a colección xa existente de retablos que atesoura. Louzán destacou que "hoy es un gran día para el Museo con la incorporación de esta pieza de extraordinario valor".
A familia, pola súa banda, dixo que elixiu o Museo de Pontevedra para depositar esta peza singular e de extraordinario valor polo valor do Museo en sí e pola "fantástica labor que se viene realizando en él, por eso no pensamos en ninguna otra institución para ceder este retablo pues no hay un Museo similar a este en Europa".
Relacionadas:
-
94.468 persoas visitaron o Museo de Pontevedra durante o 2014
Por Oskar Viéitez |
-
O Museo quere chamar a atención sobre a protección do patrimonio cunha mostra sobre arqueoloxía
Por Redacción |
-
Eulen responsabilizarase da seguridade do Museo por un período de 2 anos
Por Redacción |
-
O Museo de Pontevedra expón por primeira vez a obra do Grupo Eixo
Por Redacción |
-
Louzán propón converter o edificio de San Francisco nun gran centro de investigación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |