Miguel Anxo Fernández presenta en Pontevedra "O espido de Gina", a súa última novela
Por Mónica Patxot
Un pequeno pobo galego revoluciónase, en 1960, cando anuncian a proxección dunha película protagonizada pola sex-symbol da época, Gina Lollobrigida. Ese é o punto de partida de O espido de Gina, a última novela do escritor Miguel Anxo Fernández. Presentouna este mércores na libraría Cronopios de Pontevedra.
Publicada por Editorial Galaxia, O espido de Gina trasládanos á vila galega de Valdesantos. Este pequeno recuncho ve alterado a súa paz cando os do cine Central anuncian a proxección da película Espida protagonizada pola actriz italiana.
Ademais, a novela achega un retrato sociolóxico dunha época onde unha boa maneira de fuxir da intolerancia, do conformismo, da rutina e dos "25 anos de Paz" da propaganda oficial, eran as películas do Central e a televisión en branco e negro do café Moderno.
Na súa nova novela, Miguel Anxo Fernández reivindica o dereito á lembranza cun sorriso nos beizos, porque, como recorda a editorial, tamén somos as películas que vivimos, as que nos deixaron pegada e ás que regresamos de cando en vez.
Recordos de infancia, de mocidade e de madureza, nutridos na inmensidade da sala escura mentres a pantalla nos amosaba secuencias inesquecibles, personaxes memorables, tramas asombrosas. Mudaron os vellos cines, de olores singulares, de carteleiras coloreadas, de programa dobre e sesión continua, de cine dominical e festivo. Pero non mudou a capacidade do cine de provocar emocións.
Relacionadas:
-
Suso de Toro presenta en Pontevedra "Somnámbulos", un libro que rompe catro anos de silencio
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Fina Casalderrey presenta no Museo o seu novo libro, "Historia da bicicleta dun home lagarto"
Por Alejandro Espiño |
-
Javier Sierra, en Pontevedra: "El mundo es imprevisible. Vivir es una incertidumbre permanente"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |