Escolares pontevedreses degustan un divertido "cocido sinfónico" en Afundación
Por Mónica Patxot
Preto de 1.900 escolares procedentes de 38 centros educativos de Pontevedra e a súa comarca pasarán polo Centro Social de Afundación en Pontevedra para asistir ás catro representacións concertadas do espectáculo O cocido sinfónico, a nova montaxe da compañía Os tres tenedores. Os primeiros xa asistiron ás dúas funcións celebradas este luns, sesións que terán continuidade este martes, ás 10.00 e ás 12.00 horas.
O cocido sinfónico é un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar. Nesta ocasión, as portas deste peculiar restaurante ábrense dispostas a ofrecerlles aos comensais as músicas máis deliciosas, acompañadas dos pratos máis suculentos e novidosos.
Os asistentes deben preparar o seu padal e coller asento para degustar os momentos máis exquisitos e lambeteiros deste cocido sinfónico.
Cos tres músicos e cómicos da compañía Os tres tenedores, o espectáculo está asegurado, xa que mesturan no seu repertorio varias disciplinas, aínda que destacando sobre todas a música interpretada en directo e o clown. Os seus son espectáculos dinámicos e cun ritmo moi áxil, dos que pode gozar toda a familia e, neste caso, o están a facer os escolares pontevedreses.
Relacionadas:
-
"Spinderella", unha Cincenta moderna e en inglés para divertir os escolares pontevedreses
Por Mónica Patxot |
-
"Pinocho, el gran musical" e "Os tres porquiños", teatro e música en familia en Afundación
Por Redacción |
-
"Nos meus zapatos", un espectáculo para escolares sobre o poder integrador da danza
Por Mónica Patxot |
-
Afundación presenta unha ampla programación de actividades escénicas para escolares de Pontevedra
Por Redacción |