O monologuista José Juan Vaquero presenta 'Es lo que hay' en Afundación
Por Redacción
O humorista José Juan Vaquero, un dos monologuistas de máis éxito da canle de televisión Paramount Comedy, ofrecerá o próximo venres 14 de novembro, ás 22.00 horas no Centro Social Afundación de Pontevedra o seu espectáculo 'Es lo que hay'.
Este actor, cómico e guionista nacido entre Valladolid e Pucela leva máis de nove anos de experiencia no circuíto de cómicos profesionais e percorreu todas as comunidades autónomas facéndose popular grazas á súa participación na canle televisiva Paramout Comedy, onde ademais de participar en varios programas de humor, gravou sete monólogos para Nuevos cómicos.
Por outra parte, tamén participa no programa radiofónico Protagonistas de Punto Radio en Castela e León pero, sobre todo, desta o seu traballo como guionista e colaborador do programa El hormiguero de Antena 3.
Baixo o título 'Es lo que hay', Vaquero ofrece a súa óptica directa, sen pelos na lingua, cun humor incisivo que provoca a diversión do público. As entradas para este espectáculo estarán dispoñibles a través das canles habituais da entidade en www.servinova.com ou ben na billeteira telefónica no 902 504 500.