"Impreuna", o circo feito en Galicia, marabilla o público pontevedrés no Pazo da Cultura
Por Mónica Patxot
O circo reclamou este xoves o seu protagonismo no ciclo Ponteatro. A compañía Pistacatro representou no Pazo da Cultura de Pontevedra o espectáculo Impreuna, unha montaxe que mestura elementos circenses con danza, teatro físico e comedia.
Fíxoo cun rotundo éxito e por partida dobre. Pola mañá, nunha función concertada para centros escolares, e pola noite ante o público en xeral que practicamente encheu as butacas do Pazo.
Dirixido por Pablo Reboleiro e ambientado na época actual, Impreuna é un espectáculo inmerso íntegramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), todo isto sen renunciar á fusión sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro e a comedia.
Ademais de Pablo Reboleiro, os artistas Antonio Delgado, Raquel Oitavén, Ariñe Azkue, ÿscar Páez e Alfredo Pérez ofreceron aos pontevedreses unha viaxe polo mundo das relacións de grupo, unha visita polos valores do circo: a amizade, a familia, o traballo en comunidade, a solidariedade e a cooperación.
Á sesión matinal acudiron uns 500 escolares de Pontevedra, Caldas, Barro, Redondela e O Grove.
Relacionadas:
-
Cada xoves deste outono 250 espectadores botáronlle teatro á vida
Por Redacción |
-
'Improperio D.F.', o teatro improvisado da compañía Triatreros pecha este xoves o ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño |
-
'Bye bye, honey', un musical "duro, acedo e descarnado" que chega a Pontevedra dentro do ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"O feo" no ciclo Ponteatro, unha divertida e mordaz reflexión sobre a obsesión pola beleza e o éxito
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Boa acollida en Pontevedra a "Meu Ben" de Eme2, terceira cita co ciclo Ponteatro
Por Diego Torrado |
-
Voadora rende a súa peculiar homenaxe a Shakespeare con "A tempestade", nova cita co ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño |