Vilagarcía conmemora o Día da Biblioteca cunha sesión de contacontos para nenos de 4 anos
Por Redacción
O 24 de outubro con motivo da celebración mundial do Día da Biblioteca, Vilagarcía acollerá no centro municipal Rosalía de Castro unha actividade especial dedicada aos máis pequenos para intentar que adquiran gusto polo uso dos libros a través dunha sesión de contacontos na sala infantil de lectura da rúa Rey Daviña a partir das 10.30 horas.
A encargada da actividade será Raquel Queizás, que ofrecerá o seu espectáculo 'A maleta da avoa' para nenos de catro anos dos colexios San Francisco e A Escardia.
'A maleta da avoa' é unha montaxe con monicreques na que a protagonista garda na súa maleta todos os contos, historias e lendas que recorda da súa avoa. A narradora mostrará trucos para liberarse dos encantos e coa intención de conseguir os tres pelos do demo coa axuda do neno Vicente Risco.