Ponteatro, aposta do Pazo da Cultura e o Teatro Principal para os xoves de outono
Os xoves, bótalle teatro á vida. ÿ a proposta do Pazo da Cultura e o Teatro Principal para este outono. Sete compañías galegas de recoñecida traxectoria presentarán os seus novos espectáculos na segunda edición do ciclo Ponteatro. Comedia, drama, teatro de improvisación e experimental, circo e un musical son as propostas coas que, segundo a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, buscan "atraer novos públicos" ao teatro.
As obras que se ofrecerán nesta nova edición de Ponteatro son:
- 16 de outubro (21.00 horas, Teatro Principal): Amor flexible, de Redrum Teatro
ÿ unha comedia de rabiosa actualidade, axil, cercana e amable que profundiza nas relacións familiares e de parella. Coa excusa dos sete pecados capitais como eixo estructural, falará da idealización do amor, da crise e como efecta aos novos modelos familiares, da vida a partir dos sesenta e das segundas oportunidades. Todo isto, dende o humor. Dirixida por Alex Sampayo, conta con Mela Casal, Guillermo Carbajo e Tamara Canosa no seu reparto.
- 23 de outubro (21.00 horas, Pazo da Cultura): A tempestade, de Voadora
En homenaxe a Shakespeare, do que se cumpren 450 anos do seu nacemento, Voadora versiona un dos seus textos. Próspero, duque de Milán, é traizoado polo seu irmán Antonio, quen o expulsa nun golpe de estado e o abandona no mar á súa sorte xunto á súa pequena filla, Miranda. A familia desembarca nunha illa deserta onde vivirá entre monstros e espíritos.
- 30 de outubro (21.00 horas, Teatro Principal): Meu Ben, de Eme2
Amor, sexo, vida, morte e clases de salsa. Tres xeracións de mulleres. Un ano extraordinario. Así é, en poucas palabras a produción de Eme2 dirixida por Álvaro Lavín, con Mercedes Castro, Elina Luaces e Rocío González no reparto.
- 6 de novembro (21.00 horas, Pazo da Cultura): Impreuna, de Pistacatro
Dirixido por Pablo Reboleiro, é un espectáculo mergullado integramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), todo isto sen renunciar á fusion sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia. ÿ tamén unha viaxe polo mundo das relacións en grupo e unha visita por valores como a amizade, a familia, o traballo en comunidade, a solidariedade ou a cooperación, intrínsecos ao mundo do circo.
- 20 de novembro (21.00 horas, Teatro Principal): O feo, de Catrocadeiras
Comedia do recoñecido autor alemán Marius Von Mayenburg, que convida a reflexionar acerca do que realmente nos define como persoas. Conta no seu elenco con Machi Salgado, Laura Campos, Manuel Polo e Xoán Abreu. Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apacible, sen sobresaltos. Mais un día descubre unha terrible verdade: é espantosamente feo.
- 11 de decembro (21.00 horas, Teatro Principal): Bye bye, honey, de Obras Públicas
Espectáculo gañador de dous premios María Casares 2014, conta a historia de Marta, unha rapaza de barrio que non é un anxo nin é un demo, e que cando decide deixar a súa casa e a súa familia emprende un camiño incerto e perigoso. ÿ un espectáculo duro, acedo e descarnado. Pero tamén na obra hai tempo para o humor, para o amor e, por suposto, para a música e as cancións interpretadas en directo.
- 18 de decembro (21.00 horas, Teatro Principal): Improperio DF, de Triateros
Un espectáculo de improvisación teatral con música en directo formado a partir de xogos clásicos e non tan clásicos da improvisación cómica. A peza presenta catro representantes políticos de Improperio Distrito Federal que pretenden colonizar ao público asistente mostrando, mediante xogos de improvisación, as deficiencias da nosa sociedade.
O prezo das entradas para cada unha das funcións será de oito euros (catro para estudantes, parados e xubilados). Ademais, ao igual que o ano pasado, poderase retirar un aboamento para as sete obras do ciclo. Ten un prezo de 42 euros (28 para o público bonificado) e pódense adquirir a través do servizo de venda electrónica de Servinova.
Relacionadas:
-
Cada xoves deste outono 250 espectadores botáronlle teatro á vida
Por Redacción |
-
Boa acollida en Pontevedra a "Meu Ben" de Eme2, terceira cita co ciclo Ponteatro
Por Diego Torrado |
-
Shakespeare e a súa 'tempestade' triunfa en Pontevedra coa particular visión da compañía Voadora
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Voadora rende a súa peculiar homenaxe a Shakespeare con "A tempestade", nova cita co ciclo Ponteatro
Por Alejandro Espiño |
-
Queres asistir ao espectáculo 'Trendingtronching' de Leo Harlem? O Pazo da Cultura regala entradas cun divertido concurso
Por Redacción |
-
A compañía Redrum Teatro abre o ciclo Ponteatro co espectáculo "Amor Flexible"
Por Redacción |
-
Levántase o pano en Afundación: "Cena con amigos" abre a tempada teatral de outono en Pontevedra
Por Redacción |
-
Arume estrea con éxito "A farsa de Bululú", unha sátira política sobre a ditadura, no Sexto Edificio
Por Redacción |