A Revista Galega de Teatro presenta novo número en Pontevedra
Por Redacción
Ao redor de corenta persoas asistiron á presentación na Casa das Campás do número 72 da Revista Galega de Teatro que dirixe Antón Lamapereira.
O acto contou coa presenza da escritora María Xosé Queizán, o seu texto Ritos de sangue foi protagonista do acto grazas a unha lectura dramatizada a cargo de Avelaíña Teatro. A obra forma parte deste último número da revista xunto ás críticas a Microteatro por casa: Paus de cego e A terapia exposta; Galicia Canibal, de Filmanova e A función do tequila, de Teatro do Morcego.
O acto estivo amenizado por unha actuación musical.