A Praza do Teucro e Belas Artes, novos escenarios para a segunda edición do Festival das Núbebes
Por Alejandro Espiño
Volven as Núbebes. A segunda edición do festival de artes escénicas para bebés e as súas familias celebrarase en Pontevedra entre o 19 e o 28 de setembro. Haberá moitas sorpresas e novidades, "todo escollido con moito agarimo", segundo avanzou a súa coordinadora, a actriz Andrea Bayer. Serán máis dunha vintena de espectáculos de música, teatro ou danza, unha programación que se completa con numerosos obradoiros para profesionais.
A concelleira de Benestar Social, Carmen Fouces, explicou que a programación deste ano, máis diversa que o ano anterior, xira en torno a dúas liñas: atender á infancia e á familia, e por outra parte, afondar no vínculo entre o bebé e as súas nais, xa que se propoñen actividades para que as mulleres reflexionen e que lles proporcionen ferramentas para crear ambientes "pacificadores e confortables que arrastren despois a todo o seu ámbito".
Este segundo Festival das Núbebes mantén os seus escenarios do pasado ano, a Casa das Campás, a Casa Azul e o Teatro Principal. En todos eles se celebrarán a maior parte das actividades. Pero unha das novidades é a incorporación de dúas novas zonas, a Facultade de Belas Artes, que acollerá un espazo de xogos e descanso permanente, e a Praza do Teucro, onde se desenvolverán actividades ao aire libre.
A programación da segunda edición do Festival das Núbebes é a seguinte:
Viernes 19
- 18.00 horas (Teatro Principal). Inauguración con Roque. Artistas invitados: Beatriz Campos, Pablo Díaz y Golfiños.
- 19.00 horas (Praza do Teucro). Actuación musical na rúa: Cé, a orquestra pantasma.
Sábado 20
- 10.00 a 13.00 horas (Facultade de Belas Artes). Actividades de rúa: A caixiña dos mistos, por Caravana de Mr. Misto. Tamén de 16.30 a 19.00 horas.
- 11.00 horas (Casa das Campás). Contos tradicionais e música: Entre arrolos e contiños, por Beatriz Campos. Tamén ás 12.00, 17.30 e 18.30 horas.
- 17.00 horas (Teatro Principal). Teatro e danza: El sueño de luna, por Okina Teatro. Tamén ás 18.00 e 19.00 horas.
- 18.15 horas (Facultade de Belas Artes). Obradoiro sensorial: Xogando coa noite descubrimos o día, pola asociación Medrando á Par. Para nenos de 0 a 3 anos. Tamén ás 19.00 horas para nenos de 3 a 6 anos.
Domingo 21
- 10.00 a 13.00 horas (Facultade de Belas Artes). Actividades de rúa: A caixiña dos mistos, por Caravana de Mr. Misto. Tamén de 16.30 a 19.00 horas.
- 11.00 horas (Casa das Campás): Contos e monicreques: Durme Roque, durme, por Baobab Teatro. Tamén ás 12.00 e ás 17.00 horas.
- 11.30 horas (Casa Azul). Obradoiro de psicomotricidade para bebés e familia, con Marta Lloves. Tamén ás 12,30, 17.30 y 18.30 horas.
- 19.00 horas (Casa Azul). Charla: Claves para una lactancia exitosa, pola asociación Tetameiga.
Viernes 26
- 17.00 horas (Casa Azul). Obradoiro de experimentación práctica, pola asociación socioeducativa Paspallás. Tamén ás 19.00 horas.
- 17.30 horas (Casa Azul). Obradoiro de cociña saudable: Unha merenda saudable. Imaxina, crea e aprende nos fogóns, pola asociación de diabete infantil, Anedia. Tamén ás 18.30 e ás 19.30 horas.
Sábado 27
- 11.00 horas (Casa das Campás): Contos e música: Cantacontos para bebés, por Pablo Díaz. Tamén ás 12.00, 17.00 y 18 horas.
- 11.30 horas (Praza do Teucro). Actuación musical na rúa: Cé, a orquestra pantasma. Tamén ás 13.00, 17.45 y 19.00 horas.
- 12.00 horas (Teatro Principal). Teatro de actor con monicreques: Afuera es el lugar, por Arena en los bolsillos.
- 12.40 horas (Praza do Teucro). Guerra de almofadas.
Domingo 28
- 11.00 horas (Casa Azul): Obradoiro de danza: A semente da danza, por Artestudio. Para nenos de 6 a 12 meses. Tamén ás 12.00 (13 a 24 meses), 17.30 (24 a 36 meses) y 18.30 horas (3 a 4 anos).
- 11.30 horas (Casa das Campás). Contos e monicreques: Nanocontos, por Queliña. Tamén ás 12.30 horas.
- 17.30 horas (Casa das Campás). Obradoiro de música: Por que e como da música na primeira infancia, por Paulo Lameiro.
- 19.00 horas (Teatro Principal). Concerto A Selva e clausura do festival con Roque, por Golfiños e Baobab Teatro.
A oferta complétase con actividades só para profesionais. Neste último caso será un obradoiro de psicoloxía para docentes que traballen con nenos de 0 a 3 anos, un obradoiro de contos cantados, dous cursos de estimulación psicomotriz e unha conferencia sobre a música para bebés. Todas elas requiren inscripción previa, que será por rigoroso orde de chegada, a través do correo electrónico inscricion@baobabteatro.com.
Ademais, catro establecementos hostaleiros colaborarán co festival converténdose en Nubebares, ofrecendo menús especiais axeitados ao gusto dos máis pequenos da familia e ofrecendo espazos para a atención por parte das súas familias. Serán o bar de Belas Artes, a Taberna Zentola, La Fuga de Blas e o Asador O Forniño.
As entradas para asistir a estas actividades, a maior parte delas de carácter gratuíto, poderanse retirar no despacho do Teatro Principal. Cada un dos días, dende as dez da mañá, poderanse conseguir localidades para todos os espectáculos do mesmo día. Os bebés poden ir acompañados por dous adultos e cada núcleo familiar poderá sacar un máximo de catro entradas. No caso de non se completar o aforamento, deixarase pasar a xente sen entrada.
Relacionadas:
-
Éxito do Festival das Núbebes, que esgota todas as localidades na súa primeira fin de semana
Por Diego Torrado |
-
Festivaleiros dende o berce: As Núbebes xa están en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Búscanse 'Nubebares' para colaborar na segunda edición do Festival das Núbebes
Por Alejandro Espiño |
-
As 'Núbebes' volverán en 2014: o Concello confirma unha segunda edición do festival
Por Redacción |