Combarro regresa aos 80 coreando cancións de Los Secretos
Por Redacción
Foi nunha vila con mar nunha noite con concerto cando Los Secretos reinaron no escenario da Praza da Chousa en Combarro ante centos de persoas, moitos deles fans fieles do grupo que xurdiu na década dos oitenta durante a 'Movida' madrileña cos irmáns Urquijo. Trinta anos despois, Enrique Urquijo xa non está pero Álvaro segue mantendo a esencia da banda que, a partir da media noite do sábado, entusiasmou aos seus fans de todas as idades. Cun bo son, o grupo encontrouse tan a gusto que ofreceu dous bis.
Antes, ao escenario subiuse a banda de Vilariño, Champurrada, para ofrecer un recital de rock potente, que tivo que adiantarse un cuarto de hora sobre o horario previsto de inicio. Durante unha hora, o grupo que lidera Chuvi realizou un repaso dos seus vinte anos de carreira.
Estes concertos inclúense na programación da Festa do Mar, que finaliza este domingo 24 coa actuación ás 13.00 horas na Taberna Mariñeira del Peirao da Canteira do grupo de blues e soul The Lákazans. Pola tarde clausúrase a concentración de embarcacións tradicionais e a partir das 21.00 horas desenvolverase a última actuación da Mostra da Canción Mariñeira.
Relacionadas:
-
O PP de Poio valora positivamente a recente Festa do Mar pero cuestiona o seu financiamento
Por Redacción |
-
Máis de 20.000 persoas achegáronse a Combarro durante a XIV Festa do Mar
Por Redacción |
-
Armadiña Rock is different
Por Redacción |
-
Combarro recorda as súas orixes na XIV Festa do Mar
Por Diego Espiño |