O 20 aniversario do rock bravú celébrase no Festival Revenidas de Vilaxoán
Por Redacción
Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) será o punto de referencia da música de Galicia durante os días 22, 23 e 24 de agosto con motivo da celebración do Festival Revenidas que conmemora, nesta edición, o vixésimo aniversario do rock bravú.
Nesta ocasión, a organización ten previsto ofrecer a través das redes sociais 20 agasallos que van dende bonos e cds ata camisetas e suadoiros. A partir do venres 22, grupos e solistas como, entre outros, Heredeiros da Crus, Os Diplomáticos de Monte Alto, Rastreros, Sés ou Familia Caamagno subirán ao escenario para recordar o momento da creación da música bravú.
Ademais dos concertos, o Revenidas achega ao público unha charla sobre o bravú e a presentación do libro 'Non temos medo' co seu autor Rodrí Suárez e Xurxo Souto, a primeira biografía dos diplomáticos.