O 'olor a mar' das acuarelas de Manuel Paz Pescador, en Turismo Rías Baixas ata o 22 de agosto
Por Redacción
Unha mostra de pintura Manuel Paz Pescador pódese contemplar desde este venres na sede de Turismo Rías Baixas. Estará aberta ata o vindeiro día 22 de agosto.
Trátase dunha exposición de acuarelas que, baixo o título Olor a Mar, somerxe ao visitante en todo un abano de sentimentos e sensacións co mar e os elementos que o rodean como impulsor.
A mostra é un verdadeiro paseo pola paisaxe mariñeira de Galicia, con praias, barcos, mariñeiros, pescadores, lonxas, diversas perspectivas do mar
O propio autor destaca que "botes, dornas e gamelas tan gráciles, flotando cos seus pescadores en plena faena, foron multitude de veces modelos viventes das miñas acuarelas e emocións".
E esas emocións son as que o visitante poderá tratar de captar na súa obra nunha mostra que estará aberta de 9.00 a 21.00 horas de luns a venres, e os sábados, domingos e festivos, de 10.00 a 14,30 horas e de 16.30 a 20.00 horas.