Eric Bibb deixa paso ao jazz galego na última xornada do Festival Internacional de Jazz e Blues
Por Redacción
Coa súa música fuertemente enraizada no blues clásico estadounidense, o guitarrista Eric Bibb chegaba a Pontevedra para dar un dos concertos máis agardados deste Festival Internacional de Jazz e Blues. E desde logo non defraudou ao público que encheu A Ferrería para gozar do talento deste norteamericano, músico profesional desde os 16 anos, que funde xéneros e influencias que van desde o blues acústico e o folk ao country ou o gospel.
Eric Bibb fixo un repaso pola súa extensa carreira, durante a cal gravou 39 discos, aínda que se centrou especialmente no último deles, Jericho Road (2013). En todos eles mostra o seu sinal de identidade, un espírito de esperanza e optimismo. A súa obra sempre estivo caracterizada por recoller sentimentos como a amizade, a xenerosidade ou o altruismo, aos que dá sonoridade coa súa fermosa voz e a súa virtuosismo á guitarra.
Tras unha intensa semana de concertos e actividades, o Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra chegará ao seu fin este sábado (22.30 horas, A Ferrería) co concerto de Xan Campos, un pianista galego saído que forma parte da inagotable canteira do Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e que comparte escenario co baixista Horacio García e o batería Iago Fernández.
Xan Campos demostra nos seus concertos unha gran enerxía e un profundo sentimento de jazz. Ofrecerá unha "música variada" que, segundo os organizadores do evento, atraerá a un público diverso. ÿ unha boa proposta para todos aqueles que adoran o jazz, pero tamén para os non iniciados, xa que no seu particular son intúense toques de rock alternativo, música clásica e electrónica.