Encontros co cómic no Museo
Por Anxo Lourido
O debuxante Kiko da Silva, director da Escola profesional de Banda Deseñada e ilustración, O Garaxe Hermético, será o encargado de abrir o ciclo sobre o mundo do cómic que se desenvolve no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra.
O máximo representante da revista BD Banda ofrecerá unha charla titulada A banda deseñada, a arte ignorada polo mundo da arte.
O mércores, o debuxante ourensán David Rubín coñecido sobre todo polas súas obras El circo del desaliento (2005), La tetería del oso malayo (2006) y Cuaderno de Tormentas (2008) analizará las fórmulas para dedicarse al cómic en Galicia e non morrer no intento.
O ciclo vaino finalizar Pepo Pérez, un autor coñecido pola serie El vecino. A súa conferencia centrarase en repasar as últimas dúas décadas de comic en España coa evolución do clásico tebeo á novela gráfica.