O Festival Revenidas busca novos talentos musicais entre os grupos emerxentes
Por Redacción
O Festival Revenidas de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) convoca o II Concurso de Grupos Emerxentes que ten como principal finalidade achegar oportunidades a novos grupos musicais galegos. A undécima edición do Festival desenvolverase os días 22, 23 e 24 de agosto coa conmemoración do vixésimo aniversario do movemento bravú e unha programación especial. Os bonos das entradas estarán á venda a partir deste luns 21 de xullo.
Aqueles grupos que queiran participar no segundo concurso de Grupos Emerxentes Revenidas non poderán ter editado ningún disco, deberán contar cun repertorio propio de seis cancións de música en galego e enviar a revenidascomunicacion@gmail.com un link dun vídeo, unha fotografía do grupo, unha pequena biografía e os links das redes sociais.
A presentación de candidaturas finaliza o 7 de agosto. Todos os participantes serán presentados no Facebook de Revenidas para que os seguidores do festival voten, ata o 14 de agosto, ao seu favorito. Os tres grupos con máis votos pasarán á final, na que o xurado elixirá o gañador, que se coñecerá o domingo 17.
O vencedor poderá tocar no festival co resto das bandas e recibirá un premio de 300 euros, ademais de entrar na promoción de medios do festival.
Relacionadas:
-
O 20 aniversario do rock bravú celébrase no Festival Revenidas de Vilaxoán
Por Redacción |
-
Revenidas, un festival "100% galego" que homenaxeará ao movemento bravú con Heredeiros da Crus á cabeza
Por Redacción |
-
O Festival Revenidas de Vilaxoán cumpre dez anos coa programación "máis potente" da súa historia
Por Redacción |