A Banda de Música de Salcedo e a Unión Musical de Meaño pechan este sábado o IX Ciclo de Bandas BMS
Por Redacción
A IX edición do Ciclo de Bandas BMS chega á súa fin. A Asociación Músico Cultural San Martiño será a encargada de pechar a súa programación o próximo sábado 19 de xullo. A Praza do Teucro de Pontevedra será o escenario onde, a partir das 21:00 horas, se darán cita a Unión Musical de Meaño e, a anfitriona, a Banda de Música de Salcedo.
A Unión Musical de Meaño interpretará obras como Blades of Toledo de Trevor L. Sharpe, El Viaje de Magallanes de Nairo Tamamoco, Carmen Fantasy de Bizet/Suzuki e Malagueña de Ernesto Lecuona, sendo dirixida polo Mestre Diego Javier Lorente López.
Por outro lado, a Banda de Música de Salcedo ofrecerá temas como A mi Madre de Roque Baños, Vientos y Tangos de Michael Gandolfi, Huapango de José Pablo Moncayo e Arabesque de Samuel R. Hazo, todo iso baixo a batuta do Mestre José Alfredo Sánchez Murcia.
O colofón ao evento será a interpretación como novidade e en exclusiva, polos compoñentes das dúas bandas, ao redor de 150 músicos, da obra Libertadores de Oscar Navarro.
En caso de que as condicións climatolóxicas impidan a súa celebración ao aire libre, o concerto trasladaríase ao Teatro Principal de Pontevedra co mesmo horario.
Relacionadas:
-
Man a man das bandas xuvenís de Salcedo e Lalín
Por Diego Torrado |
-
Unha noite de amor con Lela
Por Diego Torrado |
-
Exitoso fin de ciclo de bandas de Música no Teatro Principal
Por Redacción |
-
Pontevedra e Sanxenxo, próximas citas da xira galega da Orquestra Universitaria de Amsterdam
Por Redacción |
-
Salcedo ponlle banda sonora á primavera
Por Diego Torrado |