O 110 aniversario da Banda de Música conmemórase na Ferrería
Por Mónica Patxot
A exposición que conmemora os 110 anos da creación da Banda de Música de Pontevedra inaugurouse este xoves nos cubos da Ferraría cunha visita da concelleira de Cultura, Anxos Riveiro e o presidente da Banda, Diego Rosal. A agrupación musical deu un pequeno concerto á beira dos paneis que recollen a súa historia.
O percorrido cronolóxico da exposición foi elaborado pola comisaria Nuria Barros Presas, musicóloga especialista en bandas de música galegas, e que ten estudiado a evolución destas formacións especialmente ao longo do século XX.
As fotografías que ocupan os cubos inferiores, complementáronse con frases de felicitación que máis de 30 persoeiros fixeron chegar á Banda para felicitala polo seu acontecemento.
Unha breve cronoloxía da agrupación musical, coas súas luces e sombras (períodos de desaparición), é a seguinte.
NACEMENTO DA BANDA MUNICIPAL DE PONTEVEDRA
- 1904 - 1908: Primitivo Sánchez Quilez
- 1908 - 1910: Damián López
DESENVOLVEMENTO E AFIANZAMENTO
- 1911 - 1915: José Carreras Grimaud
- 1915 - 1922: Hilario Courtier Quintáns
- 1922 - 1934: Adolfo Campos
TEMPOS CONVULSOS
- 1934 - 1936: Faustino Temes Diéguez (interino).
- 1936 - 1937: Antonio Refojo Blanco / Rubén Albar
- Abril, 1937: Disolución.
- 1938 - 1951: Banda de Falanxe Española Tradicionalista e das JONS: Félix de Andrés Galilea (interino), Luis Aparicio Sancho, Jesús Pérez Rivas.
- 1951: Desligamento Banda da Xefatura Provincial de Falanxe;
INESTABILIDADE
- 1951-1958: Intentos de reorganización. Inactividade.
- 1959 - 1965: Juan Moldes Touza
- 1966 - 1978: Intentos de reorganización. Inactividade.
REXURDIR DA BANDA DE MÿSICA DE PONTEVEDRA
- 1979 - 2003: Antonio Moldes Ferro
ACTUALIDADE
- 2003: José Padín
- 2003 - 2005: Rafael Torres Míguez (director en funcións).
- 2005 - 2008: Javier Viceiro-Filgueira
- 2008: José Varela (director en funcións).
- 2009 - actualidade: Juan Lois Diéguez