A cultura do Antigo Exipto, próxima exposición no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra
Por Redacción
O Museo de Pontevedra inaugurará o vindeiro xoves 10 de xuño a exposición "Da vida á morte no Antigo Exipto" composta por 132 pezas seleccionadas do Museo Egipcio de Florencia, en Italia. Trátase dunha exposición permitirá dar a coñecer o mundo e a cultura de Exipto, unha das máis espléndidas civilizacións da historia da humanidade, así como o mundo dos faraóns.
A exposición conta coa dirección científica e museística de Francisco J. Martín Valentín e de Teresa Bedman, directores do Instituto del Antiguo Egipto de Madrid, e de especialistas da Deputación de Pontevedra.
Martín Valentín e Teresa Bedman foron os encargados de dirixir unhas recentes obras de excavación, realizadas o pasado mes de novembro en Luxor (Exipto), que permitiron descifrar para a ciencia e a arqueoloxía un enigma da época dos faraóns Amenhotep (ano 1358 A.C.) no que se demostra que dous deles reinaron ao mesmo tempo.
A empresa pontevedresa Xelram, dedicada á xestión de patrimonios inmobiliarios e mobiliarios, foi un dos patrocinadores desta trascendente excavación de Luxor.
A exposición do Museo de Pontevedra reunirá obxectos como sarcófagos, momias, cestas ou esculturas, entre outros; todos eles procedentes do Museo Exipcio de Florencia, que é un dos máis importantes do mundo en temática exipcia.
A través deles, achegarase esta civilización ao público e explicarase como era a cosmovisión dos antigos exipcios. A exposición divídese en catro grandes apartados temáticos: os deuses, a muller, a vida cotiá e a morte.
Relacionadas:
-
Máis 12.000 persoas visitaron xa a exposición sobre o Antigo Exipto no Sexto Edificio do Museo
Por Redacción |
-
Sarcófagos e pezas do antigo Exipto nunca antes expostos, no Sexto Edificio do Museo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A evolución do cómic español ilumina o Sexto edificio do Museo de Pontevedra
Por Redacción |