"Trazando camiños", mostra conxunta de Mercedes Cabada e Marina Berdalet na delegación da Xunta
Por Redacción
A sala de exposición do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra acolleu este xoves a inauguración da mostra conxunta "Trazando camiños" das artistas Mercedes Cabada e Marina Berdalet.
Segundo explicaron as propias artistas, a mostra ofrece dúas miradas sobre a natureza como imaxe de mundos que unha senda pode atravesar. Poderase visitar ata o próximo 24 de xullo, en horario de luns a sábado de 10 a 14 horas.
Marina Berdalet, que realizou desde 1989 numerosas exposicións individuais e colectivas, asegurou que a súa investigación plástica céntrase especialmente no debuxo e a pintura. De feito, o seu traballo xoga co equilibrio entre o oco e o cheo, entre a profundidade no plano cos mínimos elementos e as variacións do xesto corporal segundo as dimensións da obra.
Pola súa banda, Mercedes Cabada asegura que a obra que presenta nesta exposición xurde da súa experiencia a través do Camiño de Santiago. "O que realmente fixen foi retomar o bolígrafo que levaba nesa viaxe e co que escribía e facía bosquexos. As ideas encontráronse nos árbores e nas pedras, no sol e nas sombras e se transformaron no libro do camiño", sinalou.