A Parda, primeiro barrio que visitan os Cantos de Taberna do grupo Maravallada
Por Redacción
Os Cantos de Taberna chegan aos barrios pontevedreses. O grupo Maravallada protagonizará este venres 4 de xullo unha sesión extraordinaria de esta actividade cultural, que busca recuperar os cantos de amizade nos bares e tabernas. Será ás 21.00 horas no barrio da Parda.
Maravallada visitará de 21.00 a 22.30 horas o bar Palenque, e de 22.30 a 00.00 horas o Piris. Ambos están situados na rúa Mestre Soutullo. Con esta sesión extraordinaria pecharase o calendario de actuacións do curso, e Cantos de Taberna descansará ata as Festas do Verán, cando se organice unha nova campaña con motivo das Festas da Peregrina.
A concelleira de Festas, Carme da Silva, xa anunciara na presentación do programa deste ano, que un dos obxectivos era tratar de deslocalizar os Cantos de Taberna e non só celebrarlos nos bares e tabernas do centro histórico, senón tamén achegalos aos barrios da cidade, para que todos os veciños de Pontevedra poidan gozar desta actividade.
Xa daquela anunciábase que esta experiencia piloto sería no barrio da Parda. A intención do Concello de Pontevedra é ir estendendo, pouco a pouco, esta actividade polos demais barrios do centro urbano.