75 mozos músicos da Orquestra Crea de Ámsterdam ofrecerán un concerto na Praza de Chousa de Combarro
Por Redacción
A Orquestra Crea de Ámsterdam, unha formación clásica universitaria, chega este luns 30 ao concello de Poio para hospedarse no Mosteiro de Poio durante unha semana na que realizarán concertos en distintos puntos de Galicia con motivo do seu Tour Si!
O primeiro concerto que ofrecerán será en luns 30 ás 21.30 horas na Praza de Chousa de Combarro, de dúas horas de duración, interpretando pezas clásicas de Chabrier, Albéniz, Vaughman Williams e Brahms. O concerto será aberto a todo o público coa intención de que os veciños poidan gozar do virtuosismo destes 75 músicos moi novos e de gran calidade.
A orquestra ofrecerá concertos noutros puntos como Sanxenxo o martes 1 de xullo, Pontevedra o venres 4 de xullo e Santiago de Compostela.
Fonte: Youtube